Busca neste blog

lunes, 10 de noviembre de 2014

CAMF

Pequena mostra de fotos dos traballos que realizan os residentes do CAMF de Ferrol que amosan esa dignidade da xente que son quen de superar os seus atrancos na vida, e da cal moito temos que aprender, sobre todo aqueles que se enchen a boca falando a cotío de solidariedade e cando teñen a ocasión de demostrala... A historia é que desde a Mostra Cinema e Sociedade tentaremos sempre darlles o nos apoio e ofrecerlles a nosa humilde tribuna na que tentaremos sexan os protagonistas únicos e, quen pode falarnos mellor da súa historia que eles mesmos?. Na Mostra Cinema e Sociedade teremos a ocasión de escoitar a súa propia voz en directo.

domingo, 9 de noviembre de 2014

Comeza a Mostra 2014

Comezamos o martes ás 10 h. e contamos para acompañarnos nas mesas e coloquios con profesionais e usuarios das entidades Asociación ASCM, de Teima Síndrome de Down Ferrol, do CAMF, de ASPANAES, do CEE Terra de Ferrol, da Residencia Mixta de Maiores de Caranza... e profes dos institutos asistentes. Vos agardamos. 

jueves, 6 de noviembre de 2014

miércoles, 5 de noviembre de 2014

Mostra Cinema e Sociedade 2014


El 5 de Noviembre a partir de las 10:00 de la mañana comenzará en el Centro Cívico de Caranza la "Mostra Cinema e Sociedade 2014".

A Mostra “Cinema e Sociedade”, nace con vontade solidaria, de contribuír a coñecer a nosa realidade, implicar a todos os axentes sociais e promover o debate social utilizando o mundo da Imaxe e do cine en particular, cara á comprensión, participación e integración dos diferentes colectivos nunha sociedade máis igualitaria e participativa, sen distincións de razas, ideoloxías e situacións personais.



A través da Mostra “Cinema e Sociedade 2014”, e aproveitando a gran amplitude de temáticas que trata o cine e os diferentes soportes e formatos utilizados, presentará unha análise global de diversas problemáticas sociais.


sábado, 17 de marzo de 2012

San Sadurniño

O pasado sábado 17, de decembro ás 10 horas na Casa da Cultura de San Sadurniño A Capela tivo lugar a presentación da publicación “Os cines na comarca de Ferrol-Eume-Ortegal . As súas xentes. Os seus recursos (1891-2010)”, elaborado por Aurora Vázquez Aneiros, María Xesús Arias Rei e Luis Calvo Teijo os cales falannos das arredor de setenta sás cinematográficas que houbo nas comarcas de Ferrol entre os anos 1891 ata o 2010.


Previamente fíxose a inauguración da exposición de cines, propiedade da Asociación "Conxeito", con 27 panesi que recollen instantáneas de todos os cines. Nesta ocasión foi un acto moi especial dirixido aos rapaces do concello que acudiron por medio do colexio local e acompañados polos seus profesores. A presentación dos autores do libro foi realizada polo concelleiro de Cultura e na mesma os nenos puideron disfrutar dun audiovisual que recollía as imaxes das sás cinematográficas e dun breve historial do cine desde a aparición do cine mudo.

Este entrañable acto rematou cunha invitación, por parte do concello de San Sadurniño, aos nenos a saborear unha taza de chocolate con churros.

Os cines en As Somozas

O pasado venres 2 de marzo ás 20 horas no concello de As Somozas tivo lugar a presentación da publicación “Os cines na comarca de Ferrol-Eume-Ortegal . As súas xentes. Os seus recursos (1891-2010)”, elaborado por Aurora Vázquez Aneiros, María Xesús Arias Rei e Luis Calvo Teijo os cales falannos das arredor de setenta sás cinematográficas que houbo nas comarcas de Ferrol entre os anos 1891 ata o 2010.
A presentación foi a cargo de membros da asociación "Conxeito" os cales pasaron un audiovisual con imaxes de todos os cines existentes, así como das persoas que tiveron algo que ver co cine en As Somozas e estiveron acompañados por Santos, concelleiro de Cultura. A continuación  "Conxeito" invitou aos asistentes a un viño nun acto que rematou cunha breve interpretación de cantigas a cargo do coro de maiores de As Somozas.

lunes, 20 de febrero de 2012

Mostra 2009 Clausura Teatro Jofre

Exposición Fene

EXPOSICIÓN CINES FENE
A Asociación "Conxeito", en colaboración co Concello de Fene levará a exposición "Cines da
Comarca", á Casa do Humor, onde os veciños de Fene poderán recordar tempos, non tan
lonxanos, nos cales podíase disfrutar das oito sás de cine que chegaron a funcionar
simultaneamente durante un tempo ata a súa desaparición. A inauguración da
mesma terá lugar o próximo xoves 20 de maio e estará ata o venres 4 de xuño e
horarios de mañán e tarde, de luns a venres."Cines da Comarca de Ferrol" consta
de 25 paneis onde pódense contemplar arredor de 70 sás de cine que
funcionaron na comarca dende principios do século pasado ata hai poucos
anos que foron "caendo" todos baixo o peso do "progreso".

Mari Carmen SIlvar, concelleira de Cultura de Fene, O señor Maceiras, dono do cine Liceo
                                        e Luis Calvo, presidente da asociación "Conxeito, na Casa do Humor de Fene, 
                                  o pasado 20 de maio durante a inauguración da exposición "Cines da Comarca de Ferrol"

sábado, 18 de febrero de 2012

Círculo Mercantil de Perlío


No Círculo de Perlío tivo lugar a presentación da publicación "Os cines nas comarcas de Ferrol-Eume-Ortegal" a cargo dos autores do mesmo María Xesús Arias e Luis Calvo Teijo. O libro recolle imaxes e información arredor do centenar de cinematógrafos, hoxe desaparecidos na súa maioría, que existiron nesta zona durante o século pasado

Mención Especial Imaxe

Firma Librería Central. Ferrol




O mércores 13 de abril os autores da publicación "Os cines de Ferrol e Comarcas", María Xesús Arias e Luis Calvo Teijo firmaron exemplares do seu libro na Librería Central da rúa Dolores.

miércoles, 15 de febrero de 2012